OS CONCELLOS DE XINZO E BALTAR PORÁN EN MARCHA UN TALLER DE EMPREGO

181
OS CONCELLOS DE XINZO E BALTAR PORÁN EN MARCHA UN TALLER DE EMPREGO

Co curso pretenden recuperar as fontes de Boado e Trandeiras

O concello de Xinzo de Limia e o concello de Baltar promoverán unha nova edición do obradoiro de empregro "Xin-Bal" para a formación profesional a albañileria e da xardinería, cunha duración de 6 meses. As entidades acolleranse á convocatoria lanzada pola Xunta de Galicia neste sentido. No caso do concello de Xinzo, o traballo será o de recuperación de fontes en Boado e Trandeiras.

RESPOSTA DO ALCALDE AS QUEIXAS DA OPOSICIÓN POLA ORGANIZACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2018

Despois das queixas da oposición sobre a organización das Letras Galegas deste ano en Xinzo e da escasa calidade do montaxe, o alcalde manifestou que "O continente non era o máis axeitado, neso estamos de acordo, pero o importante é o contido" aclara o alcalde, que continua decindo "As Letras Galegas 2017, segundo as persoas da RAG que nos visitaron, foi un éxito de organización, pero este ano, non só foron os actos do Concello, senón tamén nos centros escolares nos que tamén participamos e apoiamos, que son os máis importantes pois a promoción e a dinamización do galego pasa por eles". As carpas foron o prncipal inconvinta na celebración das Letras Galegas este ano, pois moitas librerías botáronse para atrás por medo a que se estropearan os libros. O alcalde menciona que xa se pediu o presuposto para unhas carpas novas e de calidade que poidan ser usadas para máis eventos.

López Casas rememora a súa época como profesor e director do CEIP Carlos Casares onde di que sempre houbo unha organización das Letras Galegas magnífica e que co que nos temos que quedar é que o Concello de Xinzo de Limia pode sacar peito con respecto a celebración desta fecha en 2017. Comenta que siguen pendientes de darlle as contas a oposición pero que levan elaboradas dende o 8 de maio, e faránse entrega delas seguramente a vindeira semana nunha comisión de cultura tanto as Festas de Xinzo, coma o Entroido e as Letras Galegas. Con respecto a estes eventos comenta que os gastos finais están por debaixo dos presupostos polo que se fixo unha boa xestión do gasto.