Patricia F.S
15 de abril de 2016, 22:49
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia reuníu a alumnos e alumnas nun concerto didáctico que meturou música e interpretación teatral.
O concerto de "O bosque sinfónico" fixouse co obxectivo de que os máis cativos coñezan o traballo que se fai no centro musical da vila e así poder despertar neles o interese pola música.
Os alumnos e alumnas interpretaron pezas como "Yesterday" de The Beatles e outros de ton infantil como a banda sonora de "La Sirenita" ou "Aladdin". Pezas musicais que interpretaron con diversos instrumentos como o saxofón, a frauta ou a guitarra.
O concerto tivo lugar o pasado mércores na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.