Concerto de Nadal 2018 da ESMULI

IMG_0271
Concerto de Nadal 2018 da ESMULI

Agradecementos a todos os colaboradores

Terceiro día de concertos e terceiro cheo do auditorio da Casa da Cultura, nesta ocasión para ver e escoitar aos compoñentes da Escola Musical da Limia.

O mestre de cerimonias a hora prevista, saudou ao público asistente e felicitar aos membros da da banda que foron gañadores fai unhas semanas no certame de Bandas de Galicia na sección xuvenil.

AGRADECEMENTOS

Comezando pola Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello, pola colaboración dende o primeiro día e sobre todo recalcando aos concelleiros Luís M. Gil e Carlos Gómez, que estiveron e están onde se lles require, para rematar coa persoa do Presidente da Asociación Jaime Collazo, polos 14 anos dedicado a mesma, e para rematar este capítulo a Tielas, que cando chegou a Xinzo, atopouse cunhos rescoldos do que fora a banda e sen desanimarse, tirou para diante ata conseguir o que hoxe en día é a ESMULI.

Despois foi agradecendo en nome de todos os compoñentes desta gran familia, un por un a todos os profesores que o foron e aos que hoxe en día forman o corpo de profesores e profesoras da escola.

IMG_0279

COMEZO DAS ACTUACIÓNS

Unha vez rematado o acto protocolario pasou a presentar un por un aos músicos, individuais e grupos que foron conformando un concerto seguido por todos os asistentes, non con toda a atención, segundo comentaban ao final algún dos asistentes, comentando que cando non actúan algún dos seus, xa non manteñen o silencio esixido en todo o momento e convertendo o vestíbulo da Casa da Cultura, nunha autentica gardería.

OS MALOTES

Recoñecida polos asistentes con moitos aplausos foron as actuacións dos pequerrechos “malotes” e os menos pequenos máis “malotes” así como os grupos de percusión e os de metais.

Para ver album de fotos prema aqui.