O conflito da Policía Local de Xinzo co Concello e viceversa, cada vez máis preto da súa solución

canvas
O conflito da Policía Local de Xinzo co Concello e viceversa, cada vez máis preto da súa solución

A mesa xeral aprobou as súa petición

No día de onte reuniuse a mesa Xeral na que están representados os representantes sindicais dos traballadores do Concello, tanto persoal laboral como funcionarios, cos representantes da administración encabezados pola alcaldesa e na que tamén estiveron os técnicos municipais.

Vella reivindicación

Dende fai anos, todos os diferentes gobernos que pasaron por Xinzo dende a primeira época de Antonio Pérez, tiveron que ¨lidiar” cunha vella reivindicación dos compoñentes da Policía Local. Todos lidaron, pero non solo non chegaron a ningún acordo cos diferentes rexedores, se non que a cuestión chegou a enquistarse de tal maneira que os membros da Policía Local, negáronse a facer traballos, que non están dentro das súas atribucións, ata chegar o momento de presentar un Contencioso contra o propio Concello.

Durante todos estes anos intentouse por parte de todos os alcaldes chegar a un acordo e unhas veces por temas económicos, outras por temas administrativos, a cuestión íase enquistando cada vez máis.

IMG_20200426_130010

Membros da Policía Local e Protección Civil nun acto durante a fase de confinamento

O ACORDO NON SIGNIFICA UNHA SUBIDA DE SOLDO

Toño Belucho representante sindical por parte do CESIF quixo aclarar que esta non é unha cuestión de aumento de soldo, simplemente e pasar as cantidades que se viñan acumulándose mes a mes e ano tras ano por traballos de festivos e nocturnidade a un complemento específico que se cobre todos os meses ao longo do ano e que neste ano está en 176 €.

Ata o de agora sempre a partir de mediados do primeiro semestre, acabábase a partida orzamentaria, co que tíñamos que esperar ata o ano seguinte para cobrar, no mellor dos casos.

RETRASOS DE ANO E MEDIO

Continúa relatando Toño, que houbo anos que o Concello lles chegou a deber ata ano e medio deses conceptos. A segunda parte era que cando cobraban todo xunto, ese ano Facenda, quedábase con máis da metade.