Conformado o primeiro grupo de goberno

Grupo de Goberno de Xinzo
Conformado o primeiro grupo de goberno

Na Xunta de Goberno terá maioría o PP.

Estará formada por Amador e Moncho por AXIL e Toni, Cristina e Carlos do PP

Esta mañá en reunión dos dous grupos que forman o novo goberno de Xinzo, asignáronse as concellerías para os próximos 4 anos

Amador Díaz, terá dedicación ao concello igual que a súa predecesora levando tamén as concellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Facenda.

Toni Fernández, líder do PP será o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Servicios Municipais Estructurais, Pedanías e Persoal

Moncho Gómez, home forte e man dereita do alcalde repetirá na concellería de Infraestruturas que estará unida a de Obras Urbanismo e Mobilidade.

Concelleiros AXIL
Concelleiros AXIL

SERVICIOS SOCIAIS E DEPORTES PARA AS DÚAS MULLERES

María A. Martínez será a responsable neste mandato da concellería de Servicios Sociais Igualdade e Saúde e Cristina Campero terá como responsabilidade a de Deportes, Manteñemento de Parques e Xardíns

Carlos Gómez repetirá a concellería que levou na última lexislatura do PP encargándose de Cultura Turismo, Educación e Relacións Institucionais e Ricardo Sieiro encargarase da de Promoción Económica, Emprendemento, Emprego, Participación Cidadá, Festexos e Xuventude.

Concelleiros PP
Concelleiros PP

Dos sete concelleiros que formarán o novo goberno de Xinzo, 5 xa estiveron exercendo labores de goberno, uns fai 8 anos e os outros durante a lexislatura pasada. As únicas que nunca foron concelleiras, son mulleres e cada unha de cada grupo que apoiarou a investidura de Amador Díaz como alcalde.