A Conselleira de Medio Rural visitou Xinzo

388
A Conselleira de Medio Rural visitou Xinzo

Entre outras cousas para visitar a vivenda comunitaria S. Gabriel de Cima de Ribeira

Ángeles Vázquez visitou en Xinzo de Limia unha das empresas beneficiarias destas achegas e destacou que estes fondos contribúen a dinamizar a actividade non agraria no eido rural, fomentando a diversificación económica, o equilibrio territorial e a sustentabilidade, tanto en termos sociais como económicos

Esta residencia foi unha das beneficiadas polas axudas outorgadas pola Xunta dentro dun programa de desenvolvemento rural.

A visita levouna a cabo acompañada da delegada da Xunta en Ourense Marisol Díaz, do director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez.

A visita centrouse na vivenda comunitaria San Gabriel, que solicitou estas axudas no ano 2016 para a adquisición e adecuación dun inmoble co fin de dedicalo a estes fins sociais. Actualmente esta infraestrutura conta con 12 prazas autorizadas pola Consellería de Política Social. Neste caso, o investimento achegouse aos 160.000 euros e adxudicóuselle unha axuda de algo máis de 71.000. Conta con cinco empregados.

389Esta iniciativa é unha das cinco aprobadas no municipio de Xinzo de Limia, que permitiron a posta en marcha desta residencia así como dunha escola infantil, a ampliación dun local para asesoría, a creación dun centro de actividades deportivas e a modernización dunha empresa de servizos sanitarios. Todos estes proxectos supuxeron un investimento total de 328.000 euros e recibiron axuda por importe de 148.000 euros.

As axudas para empresas non agrarias no rural están cofinanciadas con dotacións do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), do Ministerio de Agricultura e da propia Xunta, a través de Medio Rural. A porcentaxe de subvención sobre o investimento total acada o 45%, cunha achega pública máxima de 200.000 euros, xa que se trata dunha convocatoria enmarcada no réxime de mínimis.

COMPROMISOS DA CONSELLEIRA

Antes da visita a Conselleira mantivo unha reunión co alcalde e varios membros da corporación, na que entre outras cousas se comprometeu a unha inversión nos presupostos do ano 18 para unha reforma do edificio do mercado de gando ademais de unha máquina varredora de beirarrúas, solicitada neste caso polo concelleiro de medio ambiente, petición reiterada por Manuel Cabas dende que se fixo cargo desta concellería.