O Conselleiro tamén visitou Trandeiras

2
O Conselleiro tamén visitou Trandeiras

O concelleiro de Cultura Carlos Gómez non deixou de pedir cousas durante toda a mañá de visitas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá nas celebracións do entroido de Xinzo de Limia.

Antes o conselleiro acompañado polo alcalde e concelleiros do grupo de goberno visitaron o mosteiro de Trandeiras. Durante o percorrido o concelleiro de Cultura Carlos Gómez aproveitou para facerlle una serie de observación sobre distintas actuación que serían necesarias realizar para poñer en valor este patrimonio que foi adquirido polo concello fai máis de 30 anos.

Na visita posterior a praza Maior para meterse de cheo no Entroido de Xinzo, o Conselleiro non quixo facer valoración sobre as petición feita polo concelleiro, non desbotando, iso si, levar a cabo , esas actuación no Mosteiro. Carlos Gómez, por outra banda sentíase moi satisfeito pola visita e pola impresión recibida do Conselleiro ante as peticións feitas no tocante ao Mosteiro.