O Consorcio dota aos parques de bombeiros da Limia e Verín con vehículos FSV

121219 vehiculos consorcio bombeiros2
O Consorcio dota aos parques de bombeiros da Limia e Verín con vehículos FSV
Pablo Pérez e Marisol Díaz Mouteira fixeron entrega hoxe destas novas incorporacións

O presidente do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento, Pablo Pérez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, fixeron entrega hoxe de dous vehículos FSV (furgón de servizos varios) aos parques de bombeiros da Limia e Verín, dedicados principalmente ao rescate e á excarceración.

121219 coches consorcio bombeirosNo acto de entrega, que tivo lugar no parque de bombeiros da Limia, o presidente do Consorcio dixo que a incorporación destes novos vehículos “vén a completar o Plan de investimento presentado polo Consorcio, no que se prevía engadir catro vehículos destas características á dotación de medios do Consorcio. Por elo, tras entregar anteriormente os vehículos FSV aos parques de bombeiros do Carballiño-Ribeiro e de Valdeorras, coa entrega hoxe dos mesmos aos parques da Limia e Verín, damos por cumprimentado o plan de investimento desta entidade que supuxo un orzamento de 600.000 euros”.

Este tipo de vehículos rápidos destinados ao rescate e á excarceración son de tracción integral 4x4 con depósito e bomba de auga de alta presión que van dotados de equipo de rescate en altura, equipo de excarceración para accidentes de tráfico, equipos respiratorios para incendios, bombas de achique. Incorporan tamén mástil de iluminación e sistemas de acústicos e de sinalización de emerxencias, cable estante para arrastre, así como un sistema de comunicación TETRA

Na entrega dos vehículos tamén estiveron presentes distintos efectivos dos parques de bombeiros porque despois da recepción dos mesmos, iniciouse o curso de formación aos axentes de emerxencias a onde van destinados os furgóns que desde hoxe están operativos e comezarán a prestar servizos nos distintos ámbitos de actuación.