Constituído o grupo de traballo do proxecto “Life Regenera Limia”

Grupo traballo
Constituído o grupo de traballo do proxecto “Life Regenera Limia”

\“Este é un proxecto, non a solución\”

Este podería ser o resumo da xornada na que se constituíu o grupo de traballo que os responsables do proxecto Life Regenera Limia, Xunta, CHMS, Deputación, Inorde, Coren, Fenosa e a empresa Ecolagunas levou a cabo esta tarde en Xinzo.

Á Xornada estaban convocados Concellos e entidades públicas e privadas que estean interesadas en pertencer ao grupo de traballo . Este grupo fórmase, para achegar ideas que poidan que o proxecto inicial, sexa mais completo.A vez que poidan saír ideas e plantexamentos cara a outras administracións tanto autonómica como nacionais e europeas de cara a erradicar o problema que neste momento ten a Limia , as terras e sobre todo as augas, tanto na Limia como río abaixo e sobre todo no encoro das Conchas.

Unha vez mais os poñentes fixeron presentación do proxecto e das diferentes fases que comezarán en xullo deste ano e durarán ata xuño de 2017