Continúa o obradoiro do CDR O Viso sobre orientación laboral en Xinzo

IMG-20170405-WA0002
Continúa o obradoiro do CDR O Viso sobre orientación laboral en Xinzo

O próximo encontró terá lugar os días 2 e 3 de maio.

O pasado mércores 5 de abril de 2017 tivo lugar, na Aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, o 3º encontro da 4ª edición do Proxecto REINVÉNTATE "Animación sociolaboral en grupo", organizado polo CDR "O Viso".

O próximo encontró terá lugar os días 2 e 3 de maio.

Desta volta, contaron no proxecto coa participación de sete persoas. Dende o CDR sinalan que perderon dous asistentes ao longo deste último mes porque "un atopou emprego temporal como peón avícola, e a outro púxose a preparar competencias clave e tivo incompatibilidade horaria".

20170405_121447

Segundo os formadores do proxecto "partindo da aprendizaxe significativa" adestramos como realizar unha autocandidatura nunha empresa, como facer unha chamada telefónica –para solicitar unha entrevista– e como prepararse para as entrevistas de traballo. Todo elo con exemplos prácticos e onde a animadora e animador sociolaboral actúan de acompañantes poñéndoos en situación.

Este proxecto enmárcasa nunha das liñas do Ruralempréga-T.

O próximo encontró terá lugar os días 2 e 3 de maio na Aula CEMIT da Casa da Cultura de Xinzo de Limia en horario de 9:30 a 13:00 horas sobre "Inclusión dixital para a BAE".

Quen queira anotarse pode facelo acudindo ás dependencias dos organizadores situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia, chamando ó 988461571 ou enviando un email a areasocial@cdroviso.org

IMG-20170405-WA0001

Este proxecto enmárcasa nunha das liñas do Ruralempréga-T "orientación e mediación laboral a persoas en risco de exclusión", subvencionado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.