Contos de Samaín e un baile terrorífico este venres na Casa da Cultura de Xinzo

samain
Contos de Samaín e un baile terrorífico este venres na Casa da Cultura de Xinzo

Organiza Teatro Aneis e o centro de baile Fusión

A Asociación Cultural Teatro Aneis organiza unha tarde de contos con motivo da celebración do Samaín. A maiores haberá xogos, música e anuncian que moitas sopresas. A actividade está pensada para tódalas idades. Quenes queiran participar deberán acudir co seu disfraz á Casa da Cultura este venres 30 a partir das 17.30h.

Un pouco máis tarde, o centro de actividades artísticas e deportivas, Fusión, prepara un baile especial por Samaín. A actuación será a partir das 19.45h tamén na Casa da Cultura. Haberá exhibición de coreografías de pequenos e maiores. Moito baile e música para comezar a finde semana máis terrorífica do ano.