Como convivir ca dor crónica?

IMG-20140422-WA0000 (2)
Como convivir ca dor crónica?
A Escola Galega de Saúde responderá a esta pregunta nun obradoiro organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Co...

A Escola Galega de Saúde responderá a esta pregunta nun obradoiro organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Co obxectivo de mellorar a información e a comprensión da dor crónica por parte dos pacientes, familiares e a cidadanía en xeral, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns (SERGAS) impartirá o vindeiro martes un obradoiro, organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia. O doutor Luis Prieto, médico no Centro de Saúde da Carballeira, proporcionará aos asistentes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida dos que sofren estas doenzas.

O taller precisa de inscrición previa, que pode realizarse na páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no enderezo de correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es ou en persoa na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, Planta 1, aula 2.

No programa da actividade que se celebrará no Salón de Actos da Casa da Cultura, trataranse os tipos e causas máis frecuentes da dor, a súa avaliación e tratamento, ademais dunha serie de recomendacións e hábitos de vida saudables.