A Cooperativa Barroso espera unha "troca" de coñecemento en ALiMAGRO

Cooperativa Montealegre
A Cooperativa Barroso espera unha "troca" de coñecemento en ALiMAGRO
A Cooperativa Barroso trae á feira pataca para sementar e busca facer contacto coa zona da Limia

Daniel, explica dende o stand da Cooperativa Barroso, que traen á feira pataca para sementar. Comenta que en Portugal son os únicos que traballan este tipo de produto polo que buscan facer contacto coa zona da Limia que está moi próxima.

A variedade de pataca é a Kennebec, e di que esta feira axudalles a ter máis proximidade co sector e tamén ter unha noción máis ampla de como se traballa na Limia.