A CORPORACIÓN QUE COLLA O CONCELLO NO 2019 COLLERÁ UN CONCELLO SANEADO

525
A CORPORACIÓN QUE COLLA O CONCELLO NO 2019 COLLERÁ UN CONCELLO SANEADO

O único que queremos, este grupo de goberno é que os que collamos ou collan o mandato das urnas para gobernar este concello a partir do 2019 se encontren con un concello totalmente saneado e coa posibilidade de que nos catro anos seguintes a débeda poida quedar a cero, tendo cartos para inverter.

NON SUBIDA DE IBI NIN NO 17 NIN PARA O 18

525Aínda que no plan de axuste asinado se prevía e así se asinou por tódolos membros desta corporación o incremento do IBI para estes anos, no 2017 non se fixo e neste 2018, tampouco se propón subida deste imposto que tanto afecta aos nosos veciños e veciñas.

Sobre o tema da taxa da auga, a semana que ven chamaremos os portavoces da oposición para ter unha reunión coa empresa Viaqua e que sexan tamén eles os partícipes dunhas negociacións para poder acadar un obxectivo de cambio de contrato coa empresa, que nos vemos moi difícil, pero que non nos negamos en ningún caso a comezar a negociar. O problema e que o concello ten un contrato asinado e non temos outra opción que cumprilo, polas boas ou polas malas, e nese contrato di que todos os anos hai que aplicar no mes de setembro o IPC.