O CORPUS SAÍU DE PROCESIÓN EN XINZO

Procesion corpus
O CORPUS SAÍU DE PROCESIÓN EN XINZO

As alfombras florais esperaban a procesión a saída da igrexa e nas rúas de Xinzo.

Procesion corpus1Despois da misa a procesión do CORPUS baixo Palio, saíu da Igrexa nova de Xinzo, para despois de percorrer dende a avenida de Ourense e demais rúas do pobo achegarse a rotonda da rúa Jesus C. Romero onde a esperaba un altar e unha inmensa alfombra de flores cuxo deseño estivo a cargo de Moncho Carrera.

Perante toda a tarde e noite de onte veciños e veciñas do pobo traballaron a reo para que esta mañá as rúas aparecerán engalanadas como se pode ver nas instantáneas.

A procesión asistiron ademais das autoridades políticas e militares os nenos e nenas que hoxe facían a primeira comuñón.

A procesión estivo en todo momento acompañada polos sons da Banda de Gaitas da Escola Municipal de Xinzo así como a Agrupación musical da Limia. Procesion corpus3