Crónica dun Día das Letras Galegas á marxe do Limia

IMG_5323
Crónica dun Día das Letras Galegas á marxe do Limia

Esta é a longa crónica dunha homenaxe anunciada. Dunha homenaxe que convirte xa en inmortal ao noso autor máis prolífico e ilustre.

A capital da Limia esperta hoxe con cheiro a festexo, a celebración e a homenaxe. A veciñanza que se ergue na vila sabe que hoxe é un día especial. Un escritor que se criara á marxe do Limia é hoxe foco de todas as atencións. A figura de Carlos Casares vai recibir por fin o seu merecido recoñecemento. Na praza que leva o seu nome érguese impoñente unha enorme carpa na que xa preto da que para os máis espelidos é a hora do xantar, falará o Presidente de Galicia, do país para o que Casares viviu, traballou e escribiu.

IMG_5293

O expresidente da Real Academia Galega chega a Xinzo arredor das 10:45 horas da mañá, acompañado por dous dos seus camaradas aos que no seu día case lles costara a vida a súa militancia no PCG. Alonso Montero é recibido na entrada do aparcamento subterráneo por outro camarada, aquel que chaman o último guerrilleiro de Galicia. Camilo de Dios acompaña a Montero na súa chegada á principal urbe da antiga Lagoa de Antela.

Un escritor que se criara á marxe do Limia é hoxe foco de todas as atencións.

Os académicos continúan chegando a contagotas á vila natal de Casares. Antonio Pérez, o rexedor independente fica na entrada da Casa do Concello acompañado do tenente de alcalde e das autoridades militares. Veciños e veciñas curiosas vanse achegando aos arredores das infraestruturas institucionais de Xinzo. Apenas uns metros á esquerda trala porta da multifuncional Casa da Cultura, esperan cafés e pastas a chegada dos académicos. Medios locais, nacionais e estatais agardan pacientes a chegada dos persoeiros cuxas palabras protagonizarán os telexornais e crónicas escritas da xornada.

Tres alocucións distintas abordan diferentes facianas dese poliedro que constitúe a figura de Carlos Casares.

Chega o novo presidente da Academia. Víctor Freixanes atópase de súpeto rodeado de micrófonos e gravadoras que xa agardaban ao axexo. Chegan Torres Queiruga, Margarita Ledo, Manuel González, Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo, Manuel Rivas... e algunhas vellas veciñas sentadas nas bancadas da Praza Carlos Casares aínda se preguntan a que é debida tanta elegancia.

IMG_5297IMG_5306

Os coches oficiais comezan a parar diante da casa consistorial. Deles baixan o Conselleriro de Cultura, Román Rodríguez; a Delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices e, finalmente, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Todos son recibidos polo alcalde e algúns dos concelleiros. Tamén se deixa ver por Xinzo o voceiro parlamentario do PSdeG co que camiña a voceira municipal Elvira Lama.

Son as 11:30 horas e todos os persoeiros comezan a se dirixir a un Salón de Plenos preparado para a ocasión e ao que só se pode acceder por convite da Real institución. Son tres os académicos que, nun acto presidido por Freixanes, lembran cos seus discursos diferentes visións dun Casares polifacético. Tres alocucións distintas que abordan diferentes facianas dese poliedro que constitúe a súa figura. Fina Casalderrey, unha das máis prolíficas narradoras infantís e xuvenís en lingua galega, lembra o compromiso de Carlos con esa literatura que achega por primeira vez a nosa lingua aos máis novos. Tras ela intervén o secretario, Henrique Monteagudo, que recupera a forza e calidade literaria das novelas do homenaxeado. Non podía faltar tras el, unha visión política de Carlos coa que se lembrou, en verbas de Alonso Montero os seus achegamentos ao marxismo e á figura do Che Guevara, así como a poesía que tan poucas veces se teñen en conta.

IMG_5317IMG_5322

"Un home comprometido co seu país e co seu tempo", afirmaba Freixanes ante os máis de 80 convidados. "Comprometido coas institucións e coa construción dun país que precisa dunhas institucións sólidas, xenerosas e críbles", concluiu.

No exterior comezaba xa a se arremuiñar a xente que puidera seguir o acto académico na xigante pantalla instalada baixo a carpa. As autoridades, baixo os sons da Antergo Himno de Galicia interpretado por unha banda de gaitas, descobren a placa conmemorativa dun día que pasará á historia da vila antelá.

IMG_5324

Non podía faltar tampouco o correspondente acto institucional, que deu comezo coa lectura duns fragmentos d'A galiña azul, nas fermosas verbas de 4 rapaces. María do Ceo, unha das voces máis fermosas da música galego-portuguesa, da inicio ao acto público cunha fermosa interpretación do himno da vila Xinzo.

IMG_5327IMG_5331

Sube ao estrado Núñez Feijóo que até o momento aínda non tomara a palabra en ningún momento. Comeza agradecendo a presenza dos familiares dun Carlos Casares que "foi tamén un neno labrego". "Xinzo é o Macondo de Casares, mais un galego e real". Feijóo describiu a Casares coma un escritor comprometido con ideas que "unen e non dividen" e que nunca escatimou "xenio, tempo ou esforzos". Lembra o presidente as conversas dun "home optimista" en relación coa nosa lingua. "Casares ve no galego que non emprega a lingua propioa non como un inimigo que cómpre combater, senon como un amigo que compre convencer", comenta un presidente que aproveita para resaltar o papel de Casares na creación da "Lei de Normalización Lingüística" a través dun "galeguismo cordial e transversal". Conclúe Feijóo o seu discurso reivindicando o Casares "conversador, viaxeiro e colleiteiro de anécdotas".

Toma a palabra Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia, que afirmou non ter a "ousadía" de falar da súa obra "diante dos académicos". Xa que logo, o rexedor quixo lembrar a figura dun Casares "home" que tiña moitas virtudes entre as que destacaban "a boa capacidade de diálogo" que a "nosa sociedade bota de menos, pois estamos a sufrir unha importante crise de valores".

IMG_5333

Continúa o acto quen mellor pode falar da memoria do escritor. Hakan Casares, fillo de Carlos e administrador da Fundación que leva o nome de seu pai. Casares fillo fala da súa experiencia ante unha homenaxe coma esta. "Xinzo é o lugar onde meu pai creceu e el non entendería que esta comarca non fora foco central da homenaxe", afirma Hakam. Foi en Xinzo, segundo conta seu fillo, onde el percibiu a "identidade cultural e lingüística" de Galicia. Tivo un momento para a lembranza de súa nai, a muller dun Casares, "que configurou a Galicia que el soñara grazas á súa axuda".

"Fago miñas as palabras do presidente mais iso hai que levalo á práctica dende a responsabilidade dos poderes públicos" comentou un reivindicativo Freixanes.

Antes de que o presidente da RAG volva tomar a palabra, o numeroso público ten o pracer de escoitar, na voz de María do Ceo –galega de corazón e vivencia– unha canción composta por ela sobre uns versos que falan da figura do homenaxeado.

"O que acabamos de escoitar na voz de María do Ceo é o máis parecido á inmortalidade", afirma contundente Freixanes. "Non todo o pasado foi bo e hai cousas que deben ser melloradas e revisadas" retruca o presidente da Academia aos discursos dun Feijóo e dun alcalde moi optimistas. "Fago miñas as palabras do presidente mais iso hai que levalo á práctica dende a responsabilidade dos poderes públicos" comentou un reivindicativo presidente que aproveitou para lembrar que a Academia está moi leda de estar nas terras da Limia pois "Ourense é un dos corazóns de Galicia: o de Otero Pedrayo ou Vicente Risco".

a Deputación de Ourense iniciará os trámites para conceder a Carlos Casares a medalla de ouro da provincia de Ourense.

Conclúe parafraseando a Otero Pedrayo cando dixo que "Galicia non son catro provincias e nin seguera catro provincias xuntas; senon a Galicia exterior, a Galicia cultural e lingüística espallada polo mundo".

Faltaba un dos que sempre están para clausurar o acto. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, toma a palabra para agradecer a todos os que participan na "meirande festa da lingua e literatura deste país e nación cultural que é Galicia". Baltar fala de Ourense e da súa "ourensanía" cun elocuente discurso no que parafrasea a presenza da vella Auria nos textos de Casares. Anuncia Baltar ante un sorprendido público que aplaude agarimoso que a Deputación de Ourense iniciará os trámites para conceder a Carlos Casares a medalla de ouro da provincia de Ourense.

Esta é a crónica dunha homenaxe anunciada. Dunha homenaxe que convirte xa en inmortal ao noso autor máis prolífico e ilustre.

Longa vida á lingua e literatura galegas!