A Cruz Vermella busca coordinador/a local en Xinzo

A Cruz Vermella busca coordinador/a local en Xinzo

O posto está destinado a titulados do eido social e o currículo pode enviarse ata o luns

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Hai un posto de traballo libre en Xinzo de Limia. A Cruz Vermella busca un coordinador ou coordinadora local de incorporación inmediata para a vila. O prazo para presentar o currículo, acompañado dunha carta de presentación remata o vindeiro luns.

Entre os requisitos imprescindibles para optar a este posto de traballo está ser titulado medio no ámbito social, así coma o coñecemento e experiencia na xestión de proxectos e voluntariado.

Para máis detalles, visita a oferta na páxina da Cruz Vermella premendo aquí.