A Cruz Vermella dedica a tarde do venres a ensinar primeiros auxilios en Xinzo de Limia

cruz roja
A Cruz Vermella dedica a tarde do venres a ensinar primeiros auxilios en Xinzo de Limia

A actividade vai ter lugar pola tarde na Praza Maior

A Cruz Vermella vai instalar unha carpa na Praza Maior de Xinzo. Toda persoa que queira pode achegarse e aprender nocións básicas para unha reanimación cardiopulmonar, colocación correcta de vendaxes ou mesmo como actuar en caso de que se produza un accidente no fogar. A carpa contará a maiores cunha zona lúdica para os máis pequenos.

A intención é que tanto cativos como maiores aprendan a coñecer a importancia dos primeiros auxilios pois estes salvan vidas.

A carpa estará en actividade de catro a sete desta tarde e pode achegarse todo mundo que o desexe.