A IV Foliada Antelana será na esplanada do pavillón deportivo.

IV Foliada Antelana
A IV Foliada Antelana será na esplanada do pavillón deportivo.
Ante a probabilidade de chuvia, decidiuse instalar unha carpa no pavillón deportivo, trasladando a ese lugar os actos da Alameda do Toural.

Este sábado 25 de xuño, celebrarase a Foliada Antelana. Este evento está organizado polo Concello de Xinzo de Limia e o Casino Antelano. Este ano decidiuse instalar unha carpa no pavillón deportivo pola probabilidade de chuvia, trasladando a ese lugar os actos da Alameda do Toural.

Foliada Antela010
III Foliada Antelana, 2021

PROGRAMACIÓN DA IV FOLIADA ANTELANA.

A programación comezará ás 12.30h cun espectáculo de títeres que leva por título “O galo Quirico e os seus amigos”. Seguido do espectáculo, haberá unha sesión vermú prevista para as 13.30h cos Viqueiras de Ordes.

Xa en horario de tarde, a partir das 16.00h, haberá dous obradoiros de canto e pandeireta, para adultos e nenos, coas instalacións do Casino Antelano como escenario. O espectáculo infantil “Bailando coa lingua” comezará ás 18.30h no pavillón deportivo.

Por outra banda, os máis pequenos poderán desfrutar dunha foliada que dará comezo ás 20.00h. Sen olvidarse dos adultos, estes terán a foliada a partir das 22.30h e agárdase o concerto de Tres Pesos.