Dando os últimos retoques ao proxecto das ribeiras do Limia
20:49 31/08/22
20:49 31/08/22
Técnicos redactores do proxecto estiveron esta mañá en Xinzo
Técnicos da CHMS estiveron esta mañá en Xinzo dándolle os últimos retoques ao proxecto que van a presentar das ribeiras do Limia e da pista peonil.
Na visita estiveron tamén a alcaldesa Elvira Lama, xunto con concelleiros implicados e o arquitecto municipal para estudar o borrador, e facer algunha proposta de cambio ou mellora.

O Concello espera que o proxecto definitivo este rematado nas vindeiras semanas e que poida saír a concurso para a súa execución a finais deste mesmo ano.