Este sábado, día 29 de abril, a partires das 10:00 horas da mañá, terá lugar a presentación oficial do programa definitivo de actividades e eventos de homenaxe a Carlos Casares habida conta do Día das Letras Galegas que a Real Academia Galega adica este ano ao noso escritor máis ilustre.
Concertos, concursos, teatro, obradoiros de lectura, faladoiros diversos e roteiros; compoñen unha completa programación.
A presentación celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Segundo informan dende a Concellería de Cultura, Festexos e Deporte, dirixida polo edil popular Luis Miguel Gil, a programación especial estará composta por concertos, concursos, teatro, obradoiros de lectura, faladoiros diversos e roteiros, entre outras moitas actividades.