A declaración de Montse Lama no proceso aberto ó alcalde por presuntas contratacións irregulares queda suspendida

Montse Lama, deputada e voceira da Xunta de Goberno
A declaración de Montse Lama no proceso aberto ó alcalde por presuntas contratacións irregulares queda suspendida

O xuzgado de Xinzo investiga un presunto caso de prevaricación

A concelleira e deputada, Montse Lama, estaba chamada a declarar no caso aberto ó alcalde de Xinzo, por presuntas contratacións irregulares. A cita nos xuzgados estaba programada para esta semana pero finalmente a súa declaración foi suspendida ante a petición da representación do rexedor Antonio Pérez.

O xuzgado investiga as presuntas irregularidades que se terían cometido ó contratar persoal sen respectar os principios constitucionais de acceso ó emprego público.

Os feitos foran denunciados polo sindicato CIG, en representación dos traballadores municipais do Concello, e polo avogado do Estado.

O xuíz titular no seu momento procedeu a anular os decretos de contratación por apreciar "desviación de poder", tras ver que non se cumpriron os requisitos de contratación pública. Así mesmo sinalou ver "indicios penais de prevaricación", polo que se procedeu ó traspaso de documentación ó xuzgado de Xinzo de Limia, que agora leva o caso.

Segundo recolle La Voz de Galicia, o alcalde alega que nin el nin o resto de membros da xunta de goberno, foran informados polos funcionarios municipais de que existían irregularidades nos contratos. Por tal motivo a defensa solicitara a declaración dos concelleiros que formaban parte do órgano cando se procedera a efectuar ditos contratos. Polo momento acudiron todos agás Montse Lama, como sinalamos, tras anularse a súa declaración por petición da propia defensa do alcalde.