O deputado limián Gómez Salgado reúnese co Secretario Xeral de Cultura da Xunta

Carlos Gomez
O deputado limián Gómez Salgado reúnese co Secretario Xeral de Cultura da Xunta

a Consellería comprometeuse a estudar as propostas e valorar a posibilidade de efectuar algúns tipo de actuación sobre as mesmas, unha vez coñeza en detalle a súa situación.

O concelleiro de Turismo de Xinzo de Limia e deputado autonómico, Carlos Gómez Salgado, foi recibido na Consellería de Cultura en Compostela por Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, para abordar distintos proxectos e demandas do Concello de Xinzo de Limia en materia de protección do Patrimonio.

Na xuntanza abordáronse posibles actuacións sobre a Torre de Pena, o Mosteiro de Trandeiras e o Espolón da Praza Maior de Xinzo.

Durante a reunión abordáronse distintos temas como a realización da terceira e última fase da accesibilidade e posta en valor da Fortaleza e Torre de Pena da Portela, a restauración dos retablos da Igrexa do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Con respecto a este último, o Gómez destaca que se trata dun monumento "de singular valor artístico" e que coserva algún dos retablos "nun estado de preocupante deterioro".

Tamén se abordaron na xuntanza as actuacións necesarias que se deben efectuar sobre o Espolón da Praza Maior de Xinzo, un elemento característico e identitario da capital da Limia que se atopa, segundo Gómez "nun estado preocupante de degradación e deterioro progresivo polo paso do tempo, as inclemencias meteorolóxicas e as agresións humanas".

O Secretario Xeral mostrouse moi receptivo coas propostas do deputado limián.

O Secretario Xeral mostrouse moi receptivo coas propostas do deputado limián. Ámbalas dúas partes priorizaron a realización das esperadas actuacións para facer accesible e segura a visita á Torre da Pena.

En canto aos outros asuntos presentados polo edil, a Consellería comprometeuse a estudar as propostas e valorar a posibilidade de efectuar algúns tipo de actuación sobre as mesmas, unha vez coñeza en detalle a súa situación.