“Descifrar as mensaxes do noso corpo axudaranos a recobrar a saúde máis rapidamente”

Taller emociones
“Descifrar as mensaxes do noso corpo axudaranos a recobrar a saúde máis rapidamente”
Esta é a premisa da que parte o taller “Emocións, estrés e Enfermidades” da Escola Rural de Saúde da Limia REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter:...

Esta é a premisa da que parte o taller “Emocións, estrés e Enfermidades” da Escola Rural de Saúde da Limia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Existe unha relación entre as emocións e as doenzas físicas. Coñecela será o obxectivo do vindeiro taller que prepara a Escola Rural de Saúde da Limia, “Emocións, Estrés e Enfermidades”. Nesta actividade comandada por Carlos A. Martí Cerdeña, experto en nutrición  e terapias ortomoleculares, osteópata e especialista en psiconeuroinmunoloxía pola holandesa Clínica Numansdorp, trataranse tamén as patoloxías derivadas da relación entre as emocións e o mal funcionamento do sistema dixestivo. A cita será o vindeiro xoves 26 de xuño entre as 16:30 e as 19:30 horas na Casa da Cultura.

 Desde a coordinación da Escola Rural de Saúde da Limia recordan que segundo a naturopatía, “a enfermidade implica unha causa, síntomas, signos clínicos, unha evolución e un tratamento”. Así, desde esta disciplina as doenzas son “un signo que nos manda o noso corpo para informarnos de que un conflito que vivo para comigo e/ou o meu entorno”. “Descifrar as mensaxes do noso corpo axudaranos a recobrar a saúde máis rapidamente”, esa é a premisa da que parte o espírito deste último obradoiro que preparan para os limiaos. Tamén quixeron citar deste esta asociación as verbas de Enric Corbera, psicólogo especialista en BioNeuroEmoción: “A enfermidade é o esforzo que fai a natureza para sandar ao home. Non hai que loitar contra ela, senón integrala, comprendela y transcendela”.