O desfile da Garda Real obriga a cortar o tráfico en Xinzo

caballos guardia real
O desfile da Garda Real obriga a cortar o tráfico en Xinzo

Será entre as 10:30 horas e as 11:45 horas

O concello de Xinzo de Limia vén de informar de que este xoves, día 18 de maio, pecharase o tráfico na Nacional 525 entre os puntos km 197,700 e 198,700.

Será entre as 10:30 horas e as 11:45 horas por mor da celebración do xa anunciado desfile e exhibición da Garda Real.