Detido o condutor que atropelou a un policía Local

IMG_20200225_202630
Detido o condutor que atropelou a un policía Local

B.A.J veciño de Calvos, pasará maña a mañá a disposición xudicial, previsiblemente.

Segundo manifestaron fontes da policía local o infractor, que segundo puidemos coñecer e veciño de Calvos de Randín está detido nos calabozos do xulgado acusado por condución temeraria e atentado contra a autoridade.

3Segundo fontes da policía Local viñan seguindo o vehículo porque lle viron facer manobras estranas e cando intentaron darlle o alto, o condutor deuse a fuga. Unha vez que acurralaron o seu vehículo nunha das pistas que circundan a vila, no momento de proceder a súa detención pasoulle por riba dun pe a un axente, dándolle un golpe tamén no abdome dándose outra vez a fuga. De inmediato foi detido e trasladado ao cuartel para prestar declaración quedando detido por condución temeraria e atentado contra a autoridade, polo que pode ser condenado, ademais de coa perda de puntos, multa e varios anos de cárcere.
Unha condución temeraria tamén pode motivar penas de prisión. Concretamente cando se conduce un vehículo de motor de forma arriscada ou perigosa de maneira evidente, provocando “un risco ou perigo grave, real, específico e efectivo para a vida ou a integridade de terceiras persoas”, dita o artigo 380 do Código penal. Neses casos actúase segundo a lei de Axuizamento Criminal, con penas de prisión de seis meses a dous anos, e a privación do dereito para conducir vehículos de motor durante un período de tempo que pode oscilar desde un a seis anos. O delito de ATENTADO a axentes da autoridade vén recollido no artigo 550.2 Código penal: ... - Os atentados serán castigados coas penas de prisión dun a catro anos e multa de tres a seis meses se o atentado fóra contra autoridade e de PRISIÓN de 6 MESES a 3 ANOS