Detrás de cada evento sempre hay alguen velando pola nosa seguridade

IMG-20150224-WA0002
Detrás de cada evento sempre hay alguen velando pola nosa seguridade

A Protección Civil de Xinzo presentou ao seu Concelleiro Delegado unha memoria dos días de Entroido

A Agrupación realizou máis de 100 salidas. Por sorte, as incidencias non foron moitas, alguns nenos que tiveron unha caída sin importancia, leves atencións etílicas, pequenas peleas, algún corte producido polos cristales e unha voluntaria con un esguince.

Compre destacar a cooperación entre as forzas de seguridade, guardia civil e policía local que logrou de este Entroido uns días de festa e diversión. Tamén, recalcar a gran labor realizada polos voluntarios mediante servicio e vocación regalando o seu tempo libre a comunidade. Ao noso concelleiro delegado, Manuel Cabas, polo seu apoyo constante e por sacar a agrupación adiante. E ao noso Alcalde, Antonio Pérez, por sempre estar dispoñible ante calquera inventualidade. Sin embargo, todo esto tamén foi posible gracias ao comportamento exemplar da maioria dos veciños e visitantes que participaron nesta tradición carnavaleira.

O ano pasado cerrouse con 397 salidas. O seu sueldo é o reflexo do rostro dalgunha xente cando a socorren. A agrupación realiza apoio a policía local nas entradas e saídas dos colexios, en eventos ou en emerxencias. A comunicación entre eles é continua e constante. Ademáis, cooperan con outros concellos, guardia civil, asociaciones, parroquias, bancos de alimentos, eventos públicos e, en xeral, con quen os reclame ou pida axuda. Polo tanto, é de agradecer aos voluntarios porque sin eles esto non sería posible.