Dez meses de prisión para os tres acusados de intentar queimar un coche en Xinzo

Dez meses de prisión para os tres acusados de intentar queimar un coche en Xinzo

O vehículo era do exsogro dun dos implicados

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Os feitos remóntanse á madrugada do 25 de xaneiro de 2012. Aquela noite, Andrés V.J., Román R.B. e Luis D.C. viaxaron ata Xinzo no coche do primeiro, na busca do vehículo do pai da que ata unha semana antes era a súa moza. Unha vez localizado, rompéronlle o cristal traseiro coa axuda dunha botella e botáronlle gasolina. Despois lanzaron un papel con lume ao interior do coche, pero as lapas non chegaron a propagarse causando danos materiais valorados en 653 euros.

Agora máis de dous anos despois os autores dos feitos foron condenados a dez meses de cárcere cada un así coma a abonar de forma solidaria ao propietario do coche os 653 euros aos que ascenden os desperfectos. A titular do Xulgado do Penal número 1 de Ourense é a autora desta sentencia, para a que foi necesario ponderar o feito de que os acusados non lograran o seu obxectivo, polo que constituiría unha tentativa, pero sen esquecer a gravidade do ocorrido.