Día de cumpres en Xinzo co presenza da Policía e Protección Civil

Cumples día 26 04 20
Día de cumpres en Xinzo co presenza da Policía e Protección Civil

Dende os tres ata os noventa

Hoxe a Policía Local e Protección Civil, tiveron unha mañá moi axetreada. A partir das doce e media tiveron que acudir(moi gustosamente, como sempre) para agasallar coa súa presenza, as sirenas e as luces para celebrar o aniversario de aquelas persoas que hoxe o celebraban.

Comezaron por Noa de 13 anos no barrio de Villasana que cando chegaron, xa a maioría dos veciños dos bloques colindantes xa os estaban esperando e con aplausos e cantando feliz aniversarios agasallaron tamén a Noa. Despois tivéronse que trasladar a unha casa dos arredores da vila onde os esperaban Soraya de tres anos acompañada dos seus pais e avós e o can que non quixo deixar de participar na festa.

Rematada esta celebración trasladáronse ata o Polígono onde esperaba Marifé que hoxe cumpría 90 anos. O fillo e máis o neto recibiron a comitiva na estrada e Marifé dende o balcón da súa vivenda agradecía a presenza dos membros que pasaron a felicitala da maneira que eles acostuman a facer durante a corentena.

cats