Un día HISTÓRICO para a historia de Xinzo

Subdelegado- Delegado do Goberno e Elvira Lama ao fin da presentación
Un día HISTÓRICO para a historia de Xinzo
Presentouse o proxecto de humanización da N-525

A humanización da travesía de Xinzo terá un impacto substancial na vila e na súa veciñanza, que contará cun carril bici para fomentar a mobilidade alternativa e sostible (José Miñones-Delegado do Goberno en Galicia).

Esta mañá o salón de plenos do Concello, vestiuse de gala para asistir a presentación do proxecto de reforma da N-525 ao paso pola vila.

Así se verá a entrada a Xinzo unha vez rematadas as obras

Elvira Lama, acompañada de algúns dos membros do seu equipo de goberno, todos eles radiantes polo fito que ía acontecer minutos despois, froito dun esforzo, segundo manifestaba a propia alcaldesa, dende que chegou a alcaldía, chamando neste caso a porta do Goberno Central.

TEMPO RECORD E INAUDITO

O propio Delegado do Goberno, José Miñones, manifestou no “corrillo” de saúdos, que era a primeira vez que viña a presentar un proxecto tan importante que en tan solo 8 meses, estivera no proceso administrativo actual.

Esperaban ao Delegado a súa chegada ao Concello, a alcaldesa co seu equipo, Antonio Fernández, portavoz do PP así como o subdelegado, así como o Delegado de Estradas da demarcación de Galicia.

Unha vez no interior tomou a palabra unha emocionada Elvira Lama, para relatar un pouco como ocorreron os feitos dende a primeira das visitas a Coruña para pedir o que xa hoxe cualifica de un soño feito realidade, ou mesmamente de milagre.

Elvira Lama, na súa intervención

O Delegado do Goberno concluíu que dende que a obra estea rematada, Xinzo estará ao mesmo nivel que cidades como Vigo ou Ferrol no no que se refire a súa arteria principal, que no noso caso, afirmou, que era das que mellor resultaría porque a súa ampla estrutura deixa que se poidan facer proxectos tan innovadores como este que fará que os peóns sexan os principais beneficiarios.

IMAXES DO DÍA: