DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 DE NOVEMBRO)

IMG_4595 2
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 DE NOVEMBRO)

Xinzo dedicará toda a semana para a concienciación aos cidadáns

A Concellería de S.S. Sociais Igualdade e Benestar ven de presentar as actividades que se desenrolarán durante a semana que ven tanto en Xinzo como nos pobos e centros educativos, pertencentes a Limia. Os talleres estarán organizados polo CEIM de Xinzo e colaboran o CDR O Viso, e a Escola de Saúde da Limia, así como os centros educativos IES Cidade de Antioquía e o Lagoa de Antela e todos os CEIP da comarca.

“SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE DE XÉNERO” -“EDUCANDO DENDE A IGUALDADE”

Estes talleres que dirixirá o responsable do CEIM de Xinzo. O primeiro deles está incluído no módulo de formación dos compoñentes do obradoiro que deu comezo esta semana.

O segundo será impartido tanto nos centros de secundaria da vila, como nos CEIP tanto de Xinzo, como en concellos limítrofes.

Todas estas actividades comezarán o día 19 e rematarán o 22 , coa colaboración na súa execución do CDR O Viso e a Escola Rural de Saúde da Limia.

ANDAINA “A prol da eliminación da violencia contra as mulleres”

O día internacional, o 25 comezará cunha andaina polas terras do mosteiro de Trandeiras e a torre de Pena.

A saída terá lugar as 09:30 dende a praza de Carlos Casares para en autobús dirixirse ata o Mosteiro, lugar de saída da andaina circular cun percorrido de sete kilometros . A inscrición será gratuíta e unha vez rematada ás 12:00 aproximadamente regresarán ata a praza, para alí dar lectura o manifesto e rematar cunha degustación gratuíta de viandas, para todas e todos os participantes da andaina.

Colaboran coa organización de todas as actividades da semana as concellerías de Obras e infraestruturas a de Turismo e a de Cultura e Deportes, así como entidades como Cruz Vermella, Limisi e Protección Civil de Xinzo.