Que din as predicións do tempo para mañá?

5555
Que din as predicións do tempo para mañá?

Chove-non chove-chove-non chove...

Como sempre nestas datas, segundo din os profesionais do tema, as predicións metereolóxicas non son nada doadas, sobre todo cando está anunciada a borrasca “Jorge” para mañá.

No “tocante” o que pode pasar na nosa vila a hora do Entroido, que é a conversa de todos os veciños e veciñas, ademais dos que teñen pensado desprazarse ata a nosa vila para presenciar o desfile deste ano, non está nada claro.

Analizados varios portais de prognósticos, precisamente o máis achegado a nos (Meteogalicia) é o que peor pon a situación.

Pero si nos vamos a AEMET, que parece ser o que máis atina, case sempre, case que non da chuvia ningunha ás horas do acontecemento.

Vexan, comparen e prognostiquen, que tamén se nos da ben, e a comisión que siga levando os ovos a Sta. Clara...

cats