15 de mayo de 2015, 1:10
A celebración do día das letras galegas, o domingo 17 de maio, comezara coa venda de libros en galego na Praza Maior dende as 10:00 ata as 22:00. As 11h:30 procederase a lectura da obra teatral infantil (farsa para rapaces) “Agromar” de Xosé Fernando Filgueira Valverde (homenaxeado neste día). De cara o mediodía, as 12:30, terá lugar o baile rexional galego na praza Maior.
Xa pola tarde, as 18:00 sairá o desfile da Agrupación Musical da Limia dende a praza Maior ata a Casa da Cultura. Para finalizar o día, no auditorio da Casa da cultura terá lugar o concerto do Homenaxe a Galicia as 18h30.