martes. 21.03.2023

É un pleno de Convocatoria Extraordinaria Urxente, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello e non se admite participación a distancia. Entre os puntos que se abordará, atópase primeiramente, a aprobación do carácter urxente da sesión. 

Tras ser aprobado, trataranse varios puntos relativos a actividades de control, como son a dación de conta da resolución da alcaldía e designación de tenentes de alcalde, a dación de resolución da alcaldía sobre o nomeamento de membros da xunta de goberno local e fixación do réxime de sesións, a delegación da competecia xenérica, a dación de conta de escrito dos membros do grupo municipal popular designando voceiros e membros de comisións informativas e finalmente a dación de conta de decreto de revocación de competencia en materia de protección civil. 

Previsiblemente, Carlos Gómez será o novo voceiro do grupo municipal popular e Isidoro Sánchez tomará posesión das competencias e da consellería previas de Manuel Cabas.