A droga incautada aos narcos limiáns está valorada en case 1 millón de euros

IMG_9065
A droga incautada aos narcos limiáns está valorada en case 1 millón de euros

Os 7 limiáns deitdos pasarán a disposición xudicial hoxe ás 15:30 horas de domingo.

Os 12 presuntos narcotraficantes detidos onde en Xinzo de Limia e Vigo, dispuñan dun laboratorio na cidade olívica onde tamén elaboraban e cortaban droga de produción propia. A distribución estaba pendente para estas festas de Semana Santa.

Entre os 12 detidos atópanse dúas brasileiras, unha paraguaia, dous portugueses e sete españois. Dos detidos, 7 son de Xinzo de Limia e os outros 5 son de Vigo. Os 7 limiáns deitdos pasarán a disposición xudicial hoxe ás 15:30 horas de domingo.

IMG_9069

A operación lévaa o xulgado de Xinzo en colaboración coa Fiscalía de Ourense. Segundo a Garda Civil, a investigación comezouse en Xinzo de Limia –lévase investigndo dende xaneiro de 2016–, onde había bastantes denuncias por menudeo de droga. A persoa que traía a droga era de Vigo, pero a distribución facíase case toda en Ourense, principalmente en Xinzo, Celanova e Verín.

IMG_9071

Un dos vigueses foi detido nun portal de Xinzo, onde agardaba para entregar cargamentos de droga aos distribuidores.

Segundo a Garda Civil, este é un paso "moi importante" de cara á erradicación da distribución de droga na Limia, onde se constitúe un dos principais focos da provincia. Os detidos de Vigo pasarán a disposición xudicial o luns pola mañá. O delicto que se lles imputa é o de tráfico de drogas nunha escala medio alta.

IMG_9048