Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo co apoio de todos os concelleiros agás os do PP

14
Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo co apoio de todos os concelleiros agás os do PP

Unha licenciada en historia, facendo historia…

Elvira Lama, cabeza de lista do PSdG-PSOE de Xinzo foi proclamada esta mañá alcaldesa de Xinzo cos 8 votos pertencentes a todos os membros que ata agora pertencían a oposición, e que agora serán o novo goberno de Xinzo, mentres que Antonio Fernández unicamente tivo os do seu propio grupo o PP. Montse Lama,ao final votou tamén a favor de Elvira Lama.

ÁXIL, XA, e BNG, formarán grupo de goberno co PSdG-PSOE

7Como xa anunciaran no día de onte, tódolos partidos que compoñen a corporación agás o PP e Cidadáns formarán o goberno que rexerá os próximos catro anos a vida municipal de Xinzo.
Votación en furna e secreto
Ante un salón de plenos ateigado e con outras tantas persoas no corredor de entrada e nas escaleiras da consistorial que puideron seguir o pleno nunha pantalla Manuel Cabas e Montse Lama presidiron a mesa de idade do plenario e conducindo o proceso que comezou co xuramento ou promesa de acatar a constitución que todos fixeron con algunha das formas agás o representante do BNG, que o fixo por imperativo legal.
Pasouse logo as votación dos dous candidatos propostos, Antonio Fernández- Toni- polo PP e Elvira Lama polo resto dos partidos que compoñen o plenario. Os dous representantes de ÁXIL, Amador e Moncho ensinaron a papeleta, recibindo aplausos de todos os presentes. A última en votar foi Montse Lama, concelleira de Cidadáns que taménaínda ensinou o seu voto, pero que ainda que lle deu o seu apoio a elixida, non entra no pacto de goberno subscrito.
Proclamación e primeiro discurso
16Rematado o escrutinio co resultado de 8 votos para Elvira Lama e 5 para Toni, o alcalde saínte físolle entrega do bastón de mando a nova alcaldesa Elvira Lama a cal pasou a presidir o pleno, para posteriormente facer o seu primeiro discurso institucional como primeira mandataria da vila, e primeira muller na historia municipal de Xinzo que ostenta a alcaldía por elección dos membros da corporación.
Rematado o discurso, a xa elixida alcaldesa recibiu as felicitacións, en primeiro lugar dos concelleiros do PP, e despois tanto ela como os concelleiros que formarán o goberno recibiron os parabéns de todos os presentes na consistorial.