Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo deberá estar en illamento domiciliario ata o día 18

videoconferencia Elvira Lama
Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo deberá estar en illamento domiciliario ata o día 18
Foi contacto directo con dous familiares que deron positivo

En espera da proba de PCR e dende o seu domicilio, Elvira Lama deu a coñecer a súa situación no seu perfil persoal.

Para coñecemento xeral, quero informar que levo confinada en illamento domiciliario dende o pasado domingo, día no que me foron comunicados os positivos de dous familiares cos que tiven contacto estreito.

Una vez activados os protocolos de medicina preventiva e rastrexo na familia, estamos á espera de que nos fagan a proba PCR.

Todos os contactos dos dous positivos estamos en illamento e sen síntomas, seguindo as recomendacións do persoal sanitario.

Por precaución, debemos permanecer nos domicilios, tanto eu como as demais persoas que fomos contactos estreitos, en principio ata o día 18.

En canto teña o resultado da proba PCR fareino saber.

Todas e todos os que estemos en situacións similares debemos illarnos para protexernos e protexer aos demais. Neste momento, a responsabilidade individual e a disciplina social son esenciais para conter a pandemia, especialmente en concellos como o noso, cun nivel de incidencia moi elevado.