Elvira Lama analiza a situación do proxecto dos accesos a Xinzo co Dtor. Xeral do Ministerio

Reunión alcaldesa co Dtor. Xeral de Carreteras
Elvira Lama analiza a situación do proxecto dos accesos a Xinzo co Dtor. Xeral do Ministerio

Reuniuse en Madrid co director xeral de Estradas do Ministerio para axustar prazos e impulsar o inicio dunhas obras de vital importancia para Xinzo e que cambiarán a súa imaxe para sempre

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, mantivo unha reunión en Madrid co Director Xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, para avanzar no proxecto de humanización dos accesos á vila. Trátase dunha actuación que conta cun orzamento de case 4 millóns de euros e o seu financiamento correrá a cargo do programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns do fondo NextGenerationEU.

Cómpre lembrar que a memoria desta actuación foi encargada pola alcaldesa de Xinzo ao comezo do seu mandato e trasladada ao Goberno de España a través do seu delegado en Galicia, José Miñones, en setembro do 2021. Unha vez asumido e aprobado polo Ministerio, o proxecto ven de superar a exposición pública. Unha vez resolto este trámite restaría a elaboración do proxecto construtivo e a súa adxudicación para o inicio das obras, que se estima poda producirse neste primeiro semestre de 2023, tal e como lle trasladaron nesta reunións.

236
236

No encontro con director xeral de Estradas, axustaron ao máximo os prazos para axilizar na mesma medida o inicio dunha obra sobre cuxa importancia e transcendencia de cara ao futuro da vila volveu insistir a rexedora: “cambiará dun xeito significativo a súa imaxe e dará prioridade aos peóns fronte aos vehículos para mellorar a seguridade cidadá”.

Actuacións previstas no proxecto de humanización dos accesos á vila de Xinzo de Limia:

  • As obras obxecto do proxecto consisten na mellora da urbanización da contorna da N-525 ao seu paso polo núcleo urbano de Xinzo de Limia, tratando por unha banda de separar o tráfico rodado da estrada das zonas destinadas ao uso peonil e ao estacionamento de vehículos, así como a dotación de servizos situados nas marxes e que con motivo das obras e dada a súa antigüidade, necesitan ser renovados.

  • Procederase tamén a soterrar a liña de iluminación pública, recuaranse as luminarias e semáforos existentes, adaptándoos á nova aliñación das beirarrúas, que gañarán anchura permitindo o paso cómodo e seguro dos peóns.

  • A humanización inclúe dúas novas glorietas e na zona do Pombal e da Praza Maior proxéctase unha plataforma elevada ao mesmo nivel das beirarrúas, para dar prioridade aos tráficos peonís.

  • Tamén se sobreelevarán dous pasos de peóns, dous pasos ciclistas e dispoñerase un atenuador de velocidade sobreelevado.
  • Proxéctanse zonas axardinadas para separar a zona peonil do tráfico rodado e as circulacións peonís e ciclistas.