Elvira Lama convoca o seu primeiro pleno, nesta ocasión extraordinario e urxente

Instantánea - 362
Elvira Lama convoca o seu primeiro pleno, nesta ocasión extraordinario e urxente

Mañá luns 24 ás 20:00

Para mañá luns ás 20:00 está convocado un pleno extraordinario e urxente no que se aprobará cos votos do grupo que gobernará Xinzo estes catro anos formado polo PSdG-PSOE, ÁXIL, XA e BNG, os puntos da orde do día, todos eles propostos, para a posta en funcionamento do organigrama que rexerá esta lexislatura.Cidadáns, absterase en todas as votacións, posto que segundo manifesta Montse Lama, o seu partido non pode apoiar un goberno do que forme parte o BNG.

No primeiro punto nomearanse ós portavoces dos distintos grupos políticos que conforman o pleno. Nesta lexislatura haberá, segundo a proposta da alcaldía e do grupo de goberno un grupo mixto.

Tamén se levará a cabo o nomeamentos dos tenentes de alcalde. Segundo o punto nº 3 serán varios os tenentes de alcalde.

XUNTA DE GOBERNO E COMISIÓNS INFORMATIVAS

A continuación a alcaldía dará a coñecer os membros que conformarán a Xunta de Goberno, así como as competencias que lle serán delegadas do pleno.

Tamén se leva a acordo do pleno a composición das distintas comisións informativas.

CAMBIO DE HORARIO E DIETAS

Un dos cambios que pretende levar a cabo esta alcaldía e o cambio de horario de celebración dos plenos ordinarios, que será ás 19:00. Segundo manifestou a este medio a alcaldesa, isto permitirá que sexan moitos os veciños e veciñas que poidan asistir a celebración dos mesmos. A periodicidade será como ata agora, cada dous meses.

Tamén proporán ao pleno as dietas que cobrarán os edis pola asistencia a plenos e comisións, aínda que sobre esta cuestión aínda non se sabe a proposta que van a facer dende o grupo de goberno