28 de diciembre de 2013, 11:00
Como representante do PSOE en Xinzo a concelleira mantívose na liña laica que defende o partido
REDACCIÓN
Tamén esta nova está dando que falar entre a oposición. Desta volta o PSOE decántase pola discreción, e a súa voceira en Xinzo, Elvira Lama decidiu non entrar nesta cuestión, pois segundo as súas propias palabras, estamos nun estado laico e desde o noso partido non opinamos sobre temas internos da Igrexa. Porén, porque unha cousa non quita a outra, a edil felicitouse polo nomeamento dun xa veciño.