Os elementos de xogo da escola infantil van a pasar por unha restauración

escola infantil
Os elementos de xogo da escola infantil van a pasar por unha restauración

Unha empresa especializada farase cargo dos traballos para arranxar as distintas pezas, materiais e sistemas de seguridade

O Concello de Xinzo de Limia está a levar a cabo unha nova actuación para mellorar a imaxe dos parques. Nos últimos días comezou a retirada dos elementos de xogo da escola infantil para a súa reparación. Os operarios traballaron no patio traseiro da gardería, que conta cunha superficie aproximada duns 190 metros cadrados. Esta zona de ocio infantil componse dun equipo combinado de tres torres ou dúas casiñas con tobogán, entre outros elementos. Será necesaria a fabricación e substitución das tres plataformas das torres, así como a reparación e o repintado de todas a chapas de madeira dos laterais do tobogán, barreiras e tellados, entre outros traballos de mellora.

escola infantil2Unha empresa especializada encargouse de desmontar os distintos elementos e farase cargo da reparación e renovación das distintas pezas, materiais e sistemas de seguridade.
O Concello de Xinzo de Limia segue firme no seu empeño de mellorar as zonas de xogo infantís, nesta época de pandemia na que cobra especial importancia o ocio ao aire libre para o entretemento dos máis pequenos. Deste xeito, tamén están proxectados traballos nos parques do Toural e do Pombal, ademais de para a construción de novos espazos de xogo nas zonas do rural nas que non existen e os nenos vense obrigados a desprazarse para xogar neste tipo de instalacións.
O Concello de Xinzo de Limia investirá un total de 18.101 euros no arranxo e substitución dos elementos deteriorados destes tres parques. Os traballos inclúen a reparación dos xogos en mal estado e a instalación dalgúns novos.