Entran a roubar na igrexa vella de Xinzo e levan a recadación de San Antonio

igrexa
Entran a roubar na igrexa vella de Xinzo e levan a recadación de San Antonio

Os feitos aconteceron na noite do xoves cando unha persoa ou varias forzaron a porta pequena da igrexa e procederon a roubar. Os ladróns esnaquizaron a alarma o que permitiu que entrasen no antigo templo para subtraer os cartos que os devotos depositan no San Antonio.

Segundo comentou o párroco tamén roubaron o diñeiro que a xente introduce para acender as candeas.

Cando a Policía Municipal e a Garda Civil chegaron ó lugar do suceso xa non había rastro dos ladróns. Agora están a investigar os feitos aínda que as sospeitas recaen sobre unha persoa que nesa mesma noite tratou de acceder á igrexa nova para durmir a cuberto.

Descoñécese a cantidade de diñeiro que foi roubada pero todo apunta a que era cuantiosa pois a recadación de San Antonio sácase unha vez por semana para gardala.