O Entroido quenta motores

O Entroido quenta motores

A comisión organizadora deste 2014 ven de conformarse o pasado mes, e o próximo venres terá a súa primeira reunión

REDACCIÓN

O Entroido limiao de 2014 quenta motores. A apenas catro meses para que chegue unha das celebracións de máis carácter e arraigo da vila de Xinzo, a Concellería de Cultura ponse mans a obra para a formación do comité de organización.

Durante todo o pasado mes de outubro, todos aqueles interesados en colaborar nos preparativos desta gran festa tiveron a oportunidade de integrar o comité que se encarga de que todo sala a pedir de boca, e de que locais e visitantes desfruten do Entroido como se merecen. A primeira reunión deste importante órgano, celebrarase este venres ás oito da tarde na Casa da Cultura.