Escasa participación na segunda charla sobre a plataforma do mercado online para comercios

IMG_20200728_205018
Escasa participación na segunda charla sobre a plataforma do mercado online para comercios

Os presentes saíron moi satisfeitos coas novas condicións

Na tarde de onte estaban convocados a unha nova reunión para a implantación dunha plataforma de venda on line para o comercio, os membros de ProLimia .

A reunión ademais dos técnicos da plataforma asistiu o presidente de ProLimia Amador Fidel e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez. Asistiu tamén a charla a alcaldesa Elvira Lama.

IMG_20200728_205004

SATISFACCIÓN ENTRE OS PRESENTES

Os presentes na reunión, escasos media ducia, saíron satisfeitos das propostas, unha vez que souberon que a Federación de Comercio se fai cargo de todos os custes que leva consigo a posta en marcha e o mantemento da plataforma. O comercio, neste caso solo ten que aboar a comisión por cada venda ao sistema.

Algúns dos presentes xa fixeron a inscrición e esperan que o boca a boca, con estas novas axudas, axuden a que sexan moitos máis os que se unan a plataforma e poidan comezar os primeiros no próximo mes de setembro.