A Escola de Gaitas e Percusión deu o seu concerto de Nadal

1
A Escola de Gaitas e Percusión deu o seu concerto de Nadal

Concerto presentación CD o venres 04 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense

Cun auditorio ateigado de xente, os diferentes grupos formados polo alumnado da Escola de Gaitas e Percusión do Concello foron pasando polo escenario, mostrando ao público totalmente entregado o resultado do traballo de todos os anos de historia con nenos e nenas así como a formación de grupos que de agora en adiante veremos por outros escenarios.

Anunciaron o concerto que se levará a cabo no Teatro Principal de Ourense o día 4 de xaneiro, polos compoñentes da Banda A, para o cal haberá que recoller as invitacións na escola municipal.

O director da escola fixo saír ao escenario ao alcalde, presente na sala, acompañado polo concelleiro de Cultura, o cal se dirixiu aos presentes, para agradecer ao público a súa asistencia, felicitarlle as festas aos presentes e tamén felicitar aos profesores da escola pola labor feita e pola que aínda teñen que desenrolar.

32