A Escola de Música da Limia abre o prazo de matrícula para o curso 22/23

A Escola de Música da Limia abre o prazo de matrícula para o curso 22/23

A Escola de Música da Limia abre o prazo de inscricións para matricularse no vindero curso 2022/2023. O prezo da mensualidade serán 53€ durante 9 meses de setembro a maio.

A oferta educativa consta dunha ampla variedade de instrumentos e clases de reforzo do Conservatorio:

  • Óboe
  • Fagot
  • Clarinete
  • Saxofón
  • Trompeta
  • Trompa
  • Trombón
  • Bombardino
  • Tuba
  • Violín
  • Viola
  • Violoncello
  • Contrabaixo
  • Canto
  • Piano
  • Percusión
  • Gaita
  • Acordeón
  • Guitarra
  • Reforzo Conservatorio

E para os máis pequenos, de 3 a 5 anos, poderán inscribirse no Xardín Musical de balde.

O enlace para o formulario de inscrición encóntrase no Facebook da Escola de Música da Limia e no da Agrupación Musical da Limia.