A Escola Rural de Saúde organiza dous talleres sobre a diabete en Xinzo

IMG_5373
A Escola Rural de Saúde organiza dous talleres sobre a diabete en Xinzo

A Escola Rural de Saúde da Limia impartirá tres talleres sobre a diabete en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.

A Escola Rural de Saúde da Limia continúa a ser referente en canto a formación sanitaria para todos os públicos na Limia. Partindo do seu obxectivo de seguir contribuíndo á mellora da saúde da xente, organiza tres cursos de formación –talleres– en Xinzo.

Estarán abertos a todos os públicos e é preciso inscribirse previamente.

Os talleres terán lugar os dias 29, 30 e 31 de maio na Casa da Cultura de Xinzo de Limia entre as 18:00 e as 20:30 horas. Os tres serán impartidos pola DUE de Atención Hospitalaria do SERGAS, Dona Elisa Cadaya González. Estarán abertos a todos os públicos e é preciso inscribirse previamente como se indica no cartel.

Falarase do diagnóstico, síntomas e control da diabete, así como das súas complicacións, nos dous primeiros talleres. O último versará sobre como cociñar con diabete e facer actividade física que mitigue as súas compicacións.