A Escola de Saúde Rural da Limia coida das mulleres

IMG_0377
A Escola de Saúde Rural da Limia coida das mulleres
Esta asociación organizou un exitoso obradoiro acerca das doenzas que afectan ao colectivo feminino o pasado sábado REDACCIÓN Unha participación abraiante. Cen...

Esta asociación organizou un exitoso obradoiro acerca das doenzas que afectan ao colectivo feminino o pasado sábado

REDACCIÓN

Unha participación abraiante. Cen mulleres achegáronse ata o Obradoiro de Muller e Saúde organizado pola Escola de Saúde Rural da Limia, unha actividade gratuíta pensada inicialmente para non máis de trinta persoas. A Casa da Cultura de Xinzo acolleu o pasado sábado esta iniciativa en horario de mañá, co fin de orientar e informar ás mulleres sobre os temas de saúde que máis lles preocupan.

A encargada de poñer luz nas dúbidas das participantes foi Paula Sánchez Flores, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña e membro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Durante a súa intervención esta profesional do campo sanitario, tratou temas coma a menopausa e a osteoporose, a prevención xinecolóxica, os factores de risco, a fisiopatoloxía, a alimentación e o exercicio.

A Escola Rural de Saúde da Limia traballa con esta actividade e moitas outras, coa finalidade de achegar posturas entre o sistema socio-sanitario e o cidadán. O que se busca desde esta asociación é facilitar a participación a través da creación dun espazo común de encontro con profesionais do sistema educativo, social e sanitario.