"Os esforzos dos veciños e veciñas tiveron resultados positivos".(Elvira Lama)

videoconferencia Elvira Lama
"Os esforzos dos veciños e veciñas tiveron resultados positivos".(Elvira Lama)
Pasamos de 83 o día 19 de novembro a 13 casos activos a día de hoxe, 11 de decembro

Unha vez coñecidos os resultados da reunión do Comité Clínico de expertos da Xunta de Galicia, e a falta da publicación oficial no DOG previsto para esta noite, podemos anunciar que o Concello de Xinzo muda de fase e deixará de ter peche perimetral. Por tanto, non teremos reducida a mobilidade fora do Concello.

Os esforzos dos veciños e veciñas tiveron resultados positivos, de tal xeito que rebaixamos en 70 o número de casos activos a día de hoxe.

Pasamos de 83 o día 19 de novembro a 13 casos activos a día de hoxe, 11 de decembro.

Malia todo, hai que seguir rebaixando esa cifra ata reducir a 0 número de infectados.

As datas de Nadal aproxímanse e debemos, porque podemos e así o temos demostrado, respectar escrupulosamente as normas sanitarias, reducir os desprazamentos innecesarios, cumprir cos aforos nos distintos lugares de reunión, manter o distanciamento social, relacionarnos en sociedade cos conviventes, portar sempre a mascarilla e lavar as mans con frecuencia.

Hai que lembrar que a mobilidade por causas non xustificadas e as reunión sociais prolongadas con persoas non conviventes están na orixe de meirande parte dos gromos e contaxios.

Dada a situación na que nos atopamos, e sendo o Concello cabeceira da comarca da Limia que exerce de tractor de outros concellos nos que hai complicacións polo elevado número de casos activos, algún deles con peche perimetral, debemos permanecer alerta e non podemos rebaixar as medidas de prevención.

Por este motivo, o equipo de Goberno e a alcaldesa toman a decisión de manter a suspensión da feira do 14 de decembro, seguindo as recomendacións que lle traslada a Xefatura Territorial de Sanidade e os responsables da Área Sanitaria do Sergas, así como o Inspector da Policía Local de Xinzo, que esta mañá participou na reunión do Centro de Coordinación de Restricións.

Tal como explicaron as autoridades sanitarias, Xinzo pasará a nivel baixo de alerta.

Así, o horario de peche da hostalería pasará á hora do toque de queda, ás 23:00, aumentando os aforos ao 50% no interior e ao 75% nas terraza.