Un espazo diferente para a literatura na comarca da Limia

IMG_4653
Un espazo diferente para a literatura na comarca da Limia

Falamos cos xerentes da nova libraría Nobel de Xinzo de Limia.

Os amantes dos libros teñen, dende mediados do pasado mes de decembro, un novo templo da literatura en pleno centro da vila de Xinzo de Limia. O dendealimia.com xa anunciou a súa apertura hai apenas un mes, así como a súa primeira presentación pública coa visita do fillo predilecto do municipio, Antón Riveiro Coello.

Falamos coa dona deste local franquiciado, Belén Airas González, para que nos contara como ía influír este novo negocio na vida dos limiáns e limiás. Belén confésase amante dos libros ata o punto de recoñecer que a librería "era o único negocio" que lle gustaría rexentar. Según recoñece, xurdiulles a oportunidade de que lles deixaran o baixo no que se estableceron, que pertencía a un familiar, e que se sitúa na rúa Curros Enríquez, a apenas uns pasiños da casa consistorial.

Eran os comezos do mes de outubro cando se puxeron, por primeira vez e a través dun correo electrónico, en contacto coa empresa Nobel. "Escollemos a franquicia porque a Carlos, meu marido, sempre lle gustou esa idea e íanos axudar moito para aprendermos a xestionar este tipo de negocio", afirma Airas González. A franquicia era para eles a forma máis sinxela de se introducir no mundo dos libreiros, mais tiñan medo de que o tamaño da concello e da comarca supuxera unha negativa por parte de Nóbel, que esixía un mínimo de 25 mil habitantes para poder abrir. A pesares de que toda a comarca da Limia apenas supera os 20 mil, os responsábeis da compañía só tardaron 3 días en visitar Xinzo para comprobar, in situ, a viabilidade do proxecto. "Veu o xerente de Nóbel e gustoulle moito tanto o baixo como a ubicación", comenta Belén.

IMG_4653

Recoñecen Carlos e Belén, donos do negocio, que a empresaxa se informara previamente sobre as posibilidades de mercado. "A distribuidora vendía xa ás librerías que había aquí e debéronse informar tamén a través dunha das encargadas da súa tenda de Ourense, que é de Vilar de Santos, á que lle preguntaron por nós". Ao ser unha vila pequena, os donos da compañía querían saber como de coñecido era este matrimonio limián na zona. Tras estudalo todo, "interesoulles e comezaron a apurarnos". Belén e Carlos miraron as condicións e viron que non supoñía un gran risco o traballar con eles porque teñen un gran depósito e dispoñen da posibilidade de que os libros vaian rotando.

"Tes así a posibilidade de que nunha vila pequena poidas ofrecer as últimas novidades e os libros que pode ter unha gran casa como a FNAC ou O Corte Inglés nunha gran cidade", comentan. Quizáis sexa ese o seu principal elemento diferenciador. Dende o grande almacén que a empresa dispón en Pontevedra, poden facer chegar, en apenas 2 días, calquera libro que o cliente pida en Xinzo. Isto supón ter acceso a máis do 95% do que se publica tan rápido como por internet, pero sen os gastos de envío.

Así mesmo, confesan que queren convertir o espazo nun centro que dinamice a actividade cultural en Xinzo. "Comezamos coa presentación do novo libro de Riveiro Coello, pero temos unha librería infantil coa que queremos colaborar cos coles unha vez o mes facendo actividades". Nobel, ademáis, xa ten un circuito pechado de actividades de presentación de libros ou conferencias. "Se algúns autores van á librería de Ourense, temos a opción de que tamén pasen por aquí", di Belén.

Defínense como unha librería de autor, porque a metade do local é case personalizado por eles, sen imposicións de Nobel. O interior foi deseñado por un coñecido arquitecto . "Cando viron o local deixáronme moita liberdade", din orgullosos. TNeste senso, habilitaron un amplo espazo infantil onde predomina o libro ilustrado.

Tamén afirman que non son competencia directa doutras librerías "porque temos públicos diferentes". "Aquí en Xinzo traballábase moito o libro de texto e nós máis o libro", confesa a dona. Con todo, tamén traballarán o libro de texto nas campañas escolares. Comentan tamén ter pouco de papelería, elemento que non consideran o seu principal obxectivo.

Os lectores e lectoras da Limia teñen á súa disposición un ordenador onde poden consultar a dispoñibilidade dos títulos que quieran mercar. ¿Que non está na nova librería? En apenas dous días alí estará.